Enxebre colabora nun proxecto de desenvolvemento de fluxos de traballo 3D estereoscópicos

luns, 23 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A galega Enxebre Entertainment pechou un acordo de colaboración coa británica The Foundry para aplicar os seus respectivo coñecementos do negocio aplicándoo ao desenvolvemento dun fluxo de traballo completamente estereoscópico baixo o engadido 3D Ocula para a ferramenta de postprodución e efectos Nuke.
Esta colaboración permitirá identificar problemas e necesidades na fase de postprodución dunha produción estereoscópica, mellorando non só as ferramentas de composición, senón tamén achegando unha visualización 3D en tempo real, mellorando a calidade estereoscópica e reducindo o tempo da postprodución.
Para a visualización tridimensional en tempo real contarán coa colaboración tecnolóxica de Projection Design.

PUBLICIDADE