Enrique Dans pasará este sábado ante os micrófonos da Radio Galega

venres, 31 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Xosé María Fernández Pazos dirixe o programa Banda Ancha na Radio Galega

O programa Banda Ancha da Radio Galega, aproveitando o seu recoñecemento como Premio Especial EGANET durante a décima edición dos galardóns entregados pola Asociación Galega de Empresas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxía, trasladouse esta semana ao Auditorio Mar de Vigo para unha entrega especial do espazo radiofónico que poderá escoitarse este sábado na Radio Galega entres as 15:00 e as 16:00 horas (ou posteriormente a través do servizo de programación á carta da CRTVG).
Nesta ocasión, o programa dirixido por Xosé María Fernández Pazos, tras un repaso da actualidade tecnolóxica grazas á colaboración de Código Cero, porá ante os micrófonos a Víctor López, presidente de EGANET, e a Frankie Gómez, co organizador da LaconNetwork, que falarán da xornada celebrada este venres no Auditorio Mar de Vigo, e da actualidade do sector tecnolóxico galego.

O profesor Enrique Dans compartirá as súas reflexións na Radio Galega

Tamén participará neste espazo o profesor e blogueiro Enrique Dans, que reflexionará sobre a situación da comunicación, que cambio moito nos últimos anos pola irrupción do contorno dixital, facendo incluso que mudemos o xeito de que as empresas e as persoas teñamos que proxectar as nosas imaxes publicamente, de xeito que agora a nosa presenta na Rede é moito máis que unha carta de presentación, converténdose en todo un estimador da nosa valía, polo que é preciso coidar tanto a presenza corporativa en liña como a nosa imaxe persoal na Rede.

Víctor López e Fankie Gómez visitan este sábado o programa sobre tecnoloxía da radio pública do país

PUBLICIDADE