En setembro comeza na Coruña un curso sobre uso e manexo de móbiles con Android

martes, 22 de agosto do 2023 S. P.

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá do Concello da Coruña organizará neste comezo de outono unha actividade formativa para reducir a fenda dixital que separa ás persoas que teñen os coñecementos necesarios para tirar proveito das ferramentas dixitais (para comunicarse, para buscar información, para facer trámites bancarias e coas administracións, etc), das que non contan con estes recursos.
O curso Uso e manexo de móbil Android introducirá ás persoas participantes no uso das ferramentas dixitais de comunicación, lecer e trámites administrativos en dispositivos móbiles. Vai dirixido a toda a cidadanía, en horario de 17.00 a 18.00 horas.
Desenvolverase durante unha hora todos os venres dende o 29 de setembro deste ano até o 8 de decembro. A preinscrición terá que facerse os días 1, 2 e 3 de setembro de 2023.
Prazo de inscrición e pago de taxas: 19, 20 e 21 de setembro de 2023.
Celebrase no Centro Cívico Elviña.

PUBLICIDADE