En marcha en Arteixo un programa de transformación tecnolóxica de comercios e locais hostaleiros

martes, 6 de xullo do 2021 S. P.

O Concello de Arteixo vén de abrir o prazo para que comerciantes e hostaleiros do termo municipal se inscriban no programa Arteixo E-Dixital, que, como se indica no seu nome, vai encamiñado a favorecer a transformación tecnolóxica do sector produtivo local e, en consecuencia, incrementar a súa produtividade, a súa eficacia e a súa competividade (máis importante aínda nestes tempos de recuperación progresiva da crise económica e sanitaria derivada da COVID-19).
A través deste programa aprenderáselles a manexar ferramentas dixitais relacionadas co comercio electrónico ou a visualizar os seus negocios nas redes sociais. A iniciativa estase a materializar a través dunha consultoría de balde e personalizada con cada comerciante e hostaleiro que se apunte. Os negocios adheridos recibirán formación directa e asesoramento dun experto dixital. Os interesados poden inscribirse ata o 9 de xullo a través do correo emprego@arteixo.org ou coa entrega dunha folla de inscrición no departamento de Promoción Económica.

PUBLICIDADE