En Corea volverán pór á venda o iPhone 3GS

luns, 18 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Hai 9 anos presentouse na WWDC en San Francisco o sucesor do primeiro iPhone que chegou ao mercado español, o iPhone 3GS, que sería o derradeiro en conservar a liña de deseño do iPhone orixinal, pero o que resulta bastante curioso é que este trebello retirado das tendas hai varios anos vaia volver ao mercado de xeito fugaz, xa que o operador surcoreano SK Telink descubriu unha remesa de terminais iPhone 3GS sen vender, perdidos nun dos seus almacéns, e decidiu que, tras probar que estaban en bo estado, poraos á venda a un prezo de 44.000 wons (34 euros).
Un smartphone que funciona con iOS 6, ou sexa, que leva máis de 4 anos sen recibir actualizacións (ou sexa, que non é compatible coa meirande parte das aplicacións populares actualmente), xunto coas súas moitas limitacións de hardware e o reducido tamaño de súa pantalla, claramente non vai ofrecer experiencia de uso digna, pero probablemente o seu prezo tan axustado e a orixinalidade do seu retorno ao mercado poida levar a moitos a querer facer con este dispositivo, aínda que sexa como unha peza para coleccionistas.

PUBLICIDADE