En Boiro proseguen no mes de marzo os cursos de teleformación asesorada da aula CeMIT
martes, 15 de febreiro do 2022
O
Concello de Boiro compartiu a axenda formativa municipal en materia
de novas tecnoloxÃas da información, unha axenda que novamente
centralizará a aula CeMIT local. Segundo fixo saber o Consistorio,
para este mes de marzo manterase a oferta formativa de cursos TIC de
teleformación titorizada, coa posibilidade de realizar un
exame o xoves 31 de marzo para obter os certificados destas
actividades.
O
obxectivo destes cursos e deste formato é conseguir que as persoas
interesadas poidan levalos a cabo durante todo o mes adaptándose aos
seus horarios e sen necesidade de desprazarse á aula. Pode
consultarse toda a oferta formativa
na web da Rede CeMIT.
Máis
información sobre esta axenda de capacitación TIC do Concello de
Boiro a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o
teléfono 981 84 26 35 ou o móbil 629 769 139.