En Boiro a Aula CeMIT ofrece este novembro xornadas formativas sobre competencias en ofirmática

luns, 17 de outubro do 2022 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro vén este mes de novembro con novas actividades de formación tecnolóxica para a cidadanía: novas xornadas de capacitación dixital que se van desenvolver de xeito presencial. As inscricións pódense facer in situ na Aula CeMIT de Boiro, vía correo electrónico ou por teléfono.
No mes de novembro está previsto o desenvolvemento de xornadas formativas sobre competencias dixitais en ofimática con LibreOffice (Writer, Calc, Base e Impress) entre o 7 e o 30 de novembro en horario de 10.00 a 12.00 horas.
As inscricións pódense levar a cabo de maneira presencial na Aula CeMIT emprazada no edificio do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.
A maiores, no que resta de outubro ofrécense as seguintes actividades:
-Trámites administrativos en liña. Administración electrónica: eAdministración, o 25 de outubro.
-As Google Apps: ferramentas na nube. Capacitación avanzada en ferramentas TIC, o 28 de outubro.
-Exame presencial EMA teleformación, o 7 de novembro.

PUBLICIDADE