empresas
Codebit abre nova oficina en Reino Unido e afianza o seu empuxe no mercado europeo
A empresa compostelá Codebit, centrada no desenvolvemento de software de facturación e TPV (Terminais Punto de Venda) específicos para todo tipo de negocios e sectores, vén de dar importantes pasos no seu proceso de espallamento internacional. Segundo informan fontes da firma, esta vén de abrir nova oficina de traballo en Londres. O obxectivo: reforzar e (...)
Ler máisO servizo SmartPEME da Deputación de Pontevedra, adxudicado á empresa KPMG Asesores
A rede TIC de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, a rede SmartPEME (con sedes operativas en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín), afronta o novo ano con novidades. Segundo informa a entidade que preside Carmela Silva, a xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación, por procedemento aberto, do contrato (...)
Ler máisVitae prepáranos para tirar o máximo proveito da plataforma Power de Microsoft
A consultora galega Vitae, especializada en facernos acadar a máis alta excelencia profesional en materia tecnolóxica e no desenvolvemento de proxectos avanzados e disruptivos, organiza esta tempada, en formato de aula virtual, o curso Microsoft Power Automate. Trátase dunha actividade formativa de 15 horas de duración, centrada nas posibilidades da dita (...)
Ler máisTelevés inaugura en Santiago o seu novo centro de traballo Galileo
O grupo compostelán Televés Corporación subiu este mes de maio, oficialmente, un novo chanzo en materia de medre e espallamento. Fíxoo coa inauguración (este luns 9 de maio) do seu novo centro de traballo Galileo, que acubillará a partir de agora as área de negocio da compañía. Na cita participou o director executivo de Televés, Santiago Rey Requejo, arroupado (...)
Ler máisVitae móstranos como ser os mellores líderes e compañeiros de equipos TI
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, vai organizar nesta recta final do inverno unha actividade de gran interese para aprendermos a sacar o mellor de nós mesmos como profesionais, como compañeiros e como líderes no noso grupo de traballo empresarial. Trátase da cuarta edición do curso Liderado e xestión de equipos en proxectos TI áxiles, unha (...)
Ler máisVitae achéganos a cuarta edición do seu curso sobre desenvolvemento seguro ante ciberataques
A ciberseguridade será, cada vez máis, un tema do que escoitaremos falar e que teremos que moi en conta para realizar o noso traballo. É máis: a especialización en protección de sistemas, tecnoloxías e información será un bo xeito de converternos en bos profesionais e de incrementar a nosa empregabilidade e a nosa excelencia profesional. Con todo, estamos a (...)
Ler máisVodafone levará a súa rede 5G a 81 concellos galegos antes de que remate o ano
No marco do MWC22, Vodafone España vén de anunciar que vai ampliar a cobertura de “5G real” ao 46% da poboación, alcanzando preto de 1.000 municipios, a finais deste ano. Destes case 1.000 municipios (entre os que se atopa un bo feixe de concellos galegos: 81), 133 son poboacións de máis de 50.000 habitantes, 605 poboacións entre 1.000 e 50.000 e 245 son (...)
Ler máisBalidea aposta por tecnoloxías da fala en galego
Con motivo da celebración das Letras Galegas a empresa compostelá Balidea fixo un pequeno balance da súa actividade recente pola promoción da nosa lingua a nivel tecnolóxico, unha liña de acción que se materializa no desenvolvemento de tecnoloxías que permiten interactuar co mundo dixital en galego. Este é o alicerce do traballo desenvolvido por Andrés Piñeiro (...)
Ler máisVozTelecom abre punto de servizo en Carballo
VozTelecom, operador de comunicacións para empresas e de servizos na nube, vén de dar un novo paso no seu proceso de espallamento na nosa terra coa apertura do que sería o seu primeiro punto de servizo en Galicia, ou sexa, unha nova oficina comercial especializada en asesoramento, venda e apoio post-venda arredor dos seus servizos de comunicacións para (...)
Ler máisJosé Suárez de la Puente, novo director de Vodafone para a zona norte
Vodafone España vén de designar ao enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Jose Suárez da Puente, como novo director territorial da zona norte, ámbito que inclúe as comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Asturias, País Vasco, Cantabria, Navarra e A (...)
Ler máis0 | ... | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | ... | 700