Eminem trunfa na primeira edición dos YouTube Music Awards

luns, 4 de novembro do 2013 Marcus Fernández

A pasada noite desenvolveuse a gala a primeira edición dos YouTube Music Awards, celebrada en Pier 36 (New York) nun evento que combinou a presenza de artistas de sona internacional con estrelas de YouTube. A gala contou coa condución de Jason Schwartzman e Reggie Watts, a dirección creativa de Spike Jonze e a participación de Arcade Fire, Avicii, CDZA, Earl Sweatshirt, Eminem, Lady Gaga, M.I.A. e Walk off the Earth, entre outros, véndose precedida a gala estelar con retransmisións dende Seúl, Moscú, Londres e Rio de Janeiro.

Tiffany de Girls’ Generation recolleu o premio polo seu tema I Got A Boy

Tras varios días de votacións por parte dos seareiros da música en YouTube resultaron gañadores desta primeira edición dos premios os seguintes afortunados:
· Vídeo do ano: Girls’ Generation - I Got A Boy (demostración do impacto que está a ter a música pop de Corea do Sur, que vai máis aló de PSY)
· Artista do ano: Eminem (que conseguiu ser o artista con máis repercusión en YouTube)
· Reacción do ano: Lindsey Stirling e Pentatonix - Radioactive
· Fenómeno do ano: Taylor Swift - I Knew You Were Trouble
· Revelación do ano: Macklemore & Ryan Lewis (artistas que destacaron polo grande crecemento en visitas e subscricións durante o último ano, conseguindo establecer grandes éxitos como Thrift Shop, que superou os 448 millóns de reproducións)
· Innovación do ano: DeStorm - See Me Standing

Macklemore e Ryan Lewis conseguiron foron os artistas revelación do último ano

PUBLICIDADE