Emigración inicia en Suíza un programa formativo sobre redes sociais

luns, 27 de setembro do 2010 Redacción

Emigración pon hoxe en marcha o programa formativo de Redes Sociais na web e técnicas de Hardware, dirixido aos emigrantes galegos residentes en Suíza, que ten como un dos obxectivos fundamentais, a promoción dos colectivos vinculados aos movementos migratorios, pon en marcha en Zürich (Suíza) este programa formativo co obxectivo de proporcionar unha capacitación que potencie a vinculación dos emigrantes galegos con Galicia e favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Este programa esta dirixido aos emigrantes galegos residentes en Suíza.
Neste programa participarán 50 emigrantes galegos e os seus descendentes ata segundo grado de consanguinidade, residentes en Suíza, maiores de 18 anos e con nacionalidade española.
O programa desenvolverase entre o 25 de setembro e o 13 de novembro, en horario de fin de semana. A duración será de 100 leccións de 45 minutos cada unha, e tratarán, entre outros temas, a navegación en Internet, a utilización da comunicación virtual a través da rede, software de comunicación: Facebook, Skype, Badoo, Messenger, Myspace e outros; páxinas de Internet, blogs, foros: cal seleccionar e por qué; coñecementos básicos de matemáticas e sistemas de contabilidade; funcionamento das partes dun ordenador; partes internas dun PC; procesadores; intelixencia dos PC: arquitectura e memoria; sistema de memoria; sistema Operativo e introdución nas redes.

PUBLICIDADE