El Correo Gallego estréase en Orbyt

martes, 6 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O diario compostelán El Correo Gallego estréase hoxe na plataforma de distribución dixital de prensa de Unidad Editorial, Orbyt, de xeito que a edición impresa da publicación galega pode consultarse de xeito doado dende o ordenador, o iPad e distintos smartphones, permitindo a proba desde servizo de balde ata fin de mes empregando un código promocional.
El Correo Gallego en Orbyt contén a edición de papel íntegra do xornal, estará dispoñible de balde para os subscritores da edición impresa, e para o resto será posible mercar a publicación por 0,79 euros o exemplar, 3,99 euros á semana, 9,99 euros ao mes ou 26,99 ao trimestre.
Este lanzamento encaixa na nova estratexia editorial de El Correo Gallego, que dende o pasado outono intenta diferenciar as súas edicións dixitais e impresas, de xeito que xa non envorcan na súa páxina web todos os contidos da edición en papel do seu xornal, facilitando agora unha alternativa de pagamento para quen queira acceder aos contidos completos sen ter que acudir ao quiosco tradicional.

El Correo Gallego e os seus suplementos xa están dispoñibles a través de Orbyt
Anuncio da estrea en Orbyt de El Correo Gallego

PUBLICIDADE