Egatel leva até a Feira NABShow de Las Vegas a súa tecnoloxía de banda larga

venres, 14 de marzo do 2014 Redacción

Egatel, como empresa especializada no desenvolvemento e fabricación de produtos e sistemas de radiofrecuencia encamiñados a transportar ou difundir sinais de televisión (analóxica e dixital) e de radio dixital, segue adiante na súa teima de cubrir as necesidades do mercado broadcast profesional global e anuncia que un ano máis estará presente na NABShow 2014, unha feira que se levará a cabo entre o 7 e o 10 de abril en Las Vegas, cidade do estado de Nevada (EE.UU.). Informar que esta exposición está adicada aos medios electrónicos de comunicación e de contidos e que terá lugar en Las Vegas Convention Center.
E indo ao miolo, a empresa ourensá levará até o NABShow 2014 deste as súas últimas novidades en transmisores de TV de Alta Eficiencia con Tecnoloxía Doherty- Banda Ancha. Será no stand SU9802 onde se poidan ver os seus novos Transmisores UHF de Alta Eficiencia en Banda Ancha (Serie WHET). E en que consiste iso da solución Doherty? Podemos dicir que é, por primeira vez, Banda Ancha, o que significa que é aplicable a toda a banda UHF e non será preciso que os operadores fagan ningún cambio nin modificación nos amplificadores perante un cambio de canle. Como exemplo da Serie WHET, exhibirase un transmisor de 3KW DVB/ISDB (4KW ATSC), modelo TLWH7804. O equipo de refrixeración líquida caracterízase polo seu deseño completamente modular e inclúe un sistema de bombas integrado no mesmo rack que o transmisor. Esta solución optimiza o investimento e o deseño das instalacións.
En refrixeración por aire presentaranse e realizaranse demostracións en funcionamento real co amplificador Doherty de 600 Wrms DVB/ISDB (700Wrms ATSC), modelo AUH601, co que se poden levar a cabo integracións de até 5 amplificadores por rack, acadando potencias próximas a 3 kW en DVB/ISDB (3,5KW en ATSC). A tecnoloxía Doherty aplicada nos amplificadores achega un rendemento de até un 42%, optimizando significativamente o consumo enerxético e, por tanto, os custos de operación. Con independencia da potencia ou sistema de refrixeración empregado, Egatel ofrece os seus moduladores en deseños de 1U 19" para os estándares DVB-T/-H/T2, ISDB-T/TB e ATSC. A precorrección dixital adaptativa ofrécese de serie en todas as configuracións, facilitando a operación e o mantemento, e co uso de programas de control baseados en servidores web embebidos, memorias extraíbles con inserción frontal para a carga e descarga de configuracións e opcións de monitorización da RF.

PUBLICIDADE