Educación convoca axudas para mellorar a produción cientÃfica galega
mércores, 27 de agosto do 2008
A ConsellarÃa de Educación e Ordenación
Universitaria vén de convocar, a
través dunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado luns,
unha liña de axudas, no marco do Programa
de Consolidación e Estruturación de unidades de investigación competitivas
do Sistema Universitario de Galicia (SUG), destinadas a mellorar a calidade da
produción cientÃfica galega.
Este
programa, que leva convocándose dende o 2006, potencia a organización
competitiva dos grupos de I+D universitarios e a dotación dos recursos
necesarios para propiciar un salto significativo na calidade da súa produción
cientÃfica e no alcance e impacto dos seus resultados.
O Programa de Consolidación e Estruturación de
unidades de investigación competitivas, enmarcado nas accións do Plan
INCITE (Plan Galego de I+D+i), persegue un dobre resultado: dunha banda,
contribuÃr á ordenación e consolidación dos recursos e actividade investigadora
das universidades e, por outra, promover unha máis efectiva presenza e impacto
da investigación universitaria no conxunto do Sistema Galego de Innovación.
Asemade, esta convocatoria quere contribuÃr a
reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á Investigación no
SUG, polo que as axudas terán en consideración o peso relativo das mulleres nas
propostas presentadas, de xeito que se potencie o seu número e a calidade do
seu traballo.
A orde de
convocatoria, dotada dun orzamento de 6 millóns de euros a distribuÃr en catro
anualidades, establece catro modalidades de axudas: a agrupacións estratéxicas
de grupos de investigación, destinadas ás tres universidades galegas; a grupos
de referencia competitiva pola súa actividade de investigación, dirixidas aos
grupos de investigación das universidades galegas; a grupos emerxentes,
destinadas aos investigadores mozos que acrediten a súa pertenza ao SUG; e a redes
de investigación, que son axudas a grupos de investigación para potenciar a
colaboración sobre a base da complementariedade e a integración de capacidades
de grupos de investigación do SUG.
O prazo de presentación de solicitudes é de 31 dÃas naturais contados a
partir de onte martes, 26 de agosto.