Eduardo Manchón será o convidado de luxo da vindeira edición de Iniciador Galicia
martes 23 de febreiro do 2010, por |
O vindeiro 4 de marzo ás 19:30 horas no Centro On
de Caixa Galicia en Santiago de Compostela (sito na rúa Nova nº 33) terá lugar
unha nova edición de Iniciador Galicia,
xuntanza na que un grupo de profesionais e emprendedores do sector TIC
comparten experiencias e pareceres con ánimo construtivo, que nesta ocasión
conta coma convidado a Eduardo Manchón, un dos co-fundadores do proxecto
Panoramio (única empresa adquirida por Google ata o momento) e actual promotor
do proxecto Askaro.com, estando tamén involucrado en distintos proxectos en webs tan coñecidas coma laCaixa.es, Loquo.com, CocaCola.es,
Infojobs.net, Idealista.com, Lineadirecta.es, Movistar.es e Casadellibro.es,
polo que a súa experiencia garante unha intervención de auténtico luxo para
todo aquel interesado en emprender na Rede. Manchón tamén conta
cun blog persoal e publica en Alzado.org distintos artigos
sobre usabilidade web.
Os interesados no evento poden confirmar a súa asistencia por correo
electrónico ou a través de Facebook.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















