EconomÃa e o Hub DATAlife colaboran no impulso da nosa transformación tecnolóxica
mércores, 16 de xuño do 2021
O
conselleiro
de EconomÃa, Francisco Conde, mantivo na mañá deste 16 de xuño
unha xuntanza cos responsábeis de DATAlife Hub de Innovación
Dixital co fin de avanzar en materia de colaboración e impulsar
a transformación dos sectores que abrangue o hub: basicamente
os sectores primario, bio e da saúde.
Esta
iniciativa, centrada en converter a nosa terra nun referente en
biotecnoloxÃas, conta con 16 socios (entre os que se contan o
Clúster TIC, o Centro Tecnolóxico Gradiant ou Televés) e traballa
por facilitar a incorporación de tecnoloxÃas disruptivas ás pemes
galegas relacionadas coa Intelixencia Artificial, a análise de
información a gran escala (Big Data), a Internet das Cousas,
computación de altas prestacións ou ciberseguridade.
Conde
trasladou que a Xunta está comprometida coa consolidación dos hubs
de innovación dixital, un instrumento de colaboración
público-privada fundamental para artellar a I+D+i nas pemes a través
do que se pretende estender o impacto positivo da innovación a todo
o tecido. De feito, lembrou que xa se levan destinados 28,8 millóns
de euros desde 2019 á Estratexia dos Hubs de Innovación Dixital con
medidas para promover a súa carteira de servizos e a súa
actividade. Destacou, por exemplo, a próxima convocatoria de Conecta
COVID, que destinará 4M€ para avanzar en proxectos de I+D
empresarial relacionados coa pandemia e que contará coa colaboración
dos hubs á hora de axustar os apoios ás necesidades reais do
tecido galego.