EGANET preséntalle a Xunta as súas propostas para dinamizar o comercio pola vía das TIC

martes, 30 de xuño do 2009 Fernando Sarasketa

De esquerda á dereita, Nava Castro, María Xosé Curros, Víctor López e Óscar Santos.

O secretario da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET), Víctor López García, vén de reunirse coa directora xeral de Comercio da nova Xunta de Galicia, Nava Castro, co obxectivo de preparar o camiño de vindeiras colaboracións en materia de impulso ás novas tecnoloxías da información. A cita, que contou tamén coa presenza da coordinadora e o xerente da dita entidade empresarial galega, María Xosé Curros Jamardo e Óscar Santos, celebrouse esta mañá en Compostela.
Segundo informa EGANET, a finalidade concreta do encontro foi darlle a coñecer á directora xeral os proxectos e actividades desenvolvidos dende a asociación, amais de establecer o alicerce de vindeiras accións conxuntas no eido da potenciación do comercio galego pola vía das novas tecnoloxías, e viceversa.

PUBLICIDADE