EGANET e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia colaborarán na potenciación das TIC

luns, 23 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e EGANET asinaron un convenio de colaboración para potenciar os acordos entre ambas entidades, sumar sinerxías e unir esforzos para promover o uso das TIC nos sectores profesionais relacionados coa Sociedade da Información.
No acto de sinatura do convenio participaron Beatriz Legerén, presidenta de EGANET, e Pastor Fuenteseca Díaz, director xeral de Formación e Colocación da Consellaría de Traballo; e a través do convenio EGANET e o CNTG comprométense a realizar accións informativas e divulgadoras das distintas ferramentas e servizos tecnolóxicos, a fomentar as boas prácticas entre os profesionais do sector e a colaborar no establecemento de fórmulas de cooperación e canles de comunicación que permitan detectar a evolución, tendencias e necesidades do sector TIC. Igualmente establecerán liñas de colaboración para facilitar a incorporación ao mercado laboral dos alumnos desempregados que rematasen actividades formativas no CNTG.

PUBLICIDADE