Dúbidas sobre o apagamento analóxico en Soria o vindeiro verán

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

O ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, anunciou que o 23 de xullo de levará a cabo o apagamento analóxico da provincia de Soria, pero o presidente da Xunta de Castela e León, Juan Vicente Herrera, desmentiu ao ministro, pois considera que non é posible cesar as emisións de televisión analóxica dentro de 2 meses xa que a TDT non conta coa cobertura suficiente como para poder tomar tal medida.
Lembremos que algo semellante tamén aconteceu na Fonsagrada, onde se anunciou o apagamento analóxico pero despois da data oficial as emisións de televisión analóxica tiveron que manterse mentres se solucionaban certos problemas de cobertura.
Herrera pretende tranquilizar á poboación da provincia de Soria ante o anuncio de que cesarían as emisións analóxicas, e asegurou que «hai que asegurar que o 100% da poboación da provincia poda recibir o novo sinal».

PUBLICIDADE