Dodro acolle o día 7 de xuño unha charla sobre ciberseguridade para a cidadanía

mércores, 1 de xuño do 2022 S. P.

Agora que se incrementaron exponencialmente as cousas que facemos na Rede (traballar, informarnos, comunicarnos, obter recursos de lecer e culturais) non cabe dúbida de que a necesidade de protexer os nosos datos, as nosas operacións e as nosas comunicacións é máis urxente ca nunca. Tendo en conta isto (tendo en conta que a sociedade dixital achega múltiples vantaxes pero tamén riscos que cómpre coñecer), o Concello de Dodro organiza o vindeiro martes 7 de xuño unha charla sobre ciberseguridade, encadrada no Plan Director da Garda Civil.
Será no Local Municipal do Centro de Día, a partir das 20.00 horas. A actividade abéirase o ciclo local de Charlas de Benestar. Organiza o Concello a través da Concellería de Servizos Sociais e Benestar. Na charla instruirase ás persoas asistentes sobre os riscos que entrañan os ciberdelitos máis comúns a día de hoxe, amais de conciencialas sobre a importancia de protexerse ante suplantacións de identidade, os virus, o malware ou os correos falsos.

PUBLICIDADE