Dixitalizan as aulas de 14 centros educativos das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga

luns, 11 de abril do 2016 Redacción

A primeira aula Abalar no IES Ricardo Carballo CaleroUn total de 14 centros educativos públicos de 10 concellos das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga beneficiáronse da dixitalización de aulas que vén de completar a Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, para o que contouse cun investimento nestas comarcas de máis de 116.000 euros para o equipamento de kits de aulas dixitais, compostos por encerado dixital interactivo, vídeo proxector, ordenador portátil para o posto de profesor, ademais da conectividade da aula.
Nos últimos meses a Xunta completou a instalación dun total de 4.000 kits destas características en 700 centros públicos, beneficiando a 70.000 estudantes, unha actuación na que se investiron preto de 11 millóns de euros. Con esta actuación a Xunta completou a todas as aulas públicas dos cursos 5º e 6º de Primaria, 1º,2º,3º e 4º da ESO e Bacharelato. Deste xeito, 120.000 alumnos e 6.000 aulas de preto de 900 centros públicos estudan en aulas dixitais.
Esta segunda fase da dixitalización, enmárcase no Proxecto Abalar, que se vén desenvolvendo desde 2010 con actuacións en 4 eixos: a mellora da conectividade nos centro públicos de Galicia; a dixitalización das aulas coa dotación de kits de aula dixital; a transformación do libro en papel aos contidos dixitais con e-Dixgal e o desenvolvemento de ferramentas de comunicación entre os membros da comunidade educativa (espazoAbalar e abalarMobil).

PUBLICIDADE