Dispoñibles en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia
luns, 4 de marzo do 2024
O Centro GaiásTech vén de publicar en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia, directorio de axentes tecnolóxicos de Galicia con experiencia, coñecemento e competencias dixitais, especialmente nas tecnoloxÃas disruptivas, ofrece información de máis de 340 entidades, arredor de 1.400 produtos e servizos e 78 tecnoloxÃas.
O obxectivo da publicación desta información, no portal Abert@s da Xunta, é ofrecer á cidadanÃa e a outras entidades públicas ou privadas a posibilidade de reutilizar estes datos e proporcionar produtos ou servizos de valor engadido. A publicación de datos en formato aberto enmárcase na polÃtica de transparencia e de compartir e reutilizar información das administracións públicas.
A información do Mapa de Capacidades Dixitais súmase asà aos datos dispoñibles en Abert@s, que constitúen unha valiosa fonte de información aproveitable, tanto pola cidadanÃa como pola industria de contidos dixitais e outros axentes reutilizadores.