Dispoñible o iOS 4 para iPhone 3G/3GS

mércores, 23 de xuño do 2010 Marcus Fernández

iBooks, melloras na aplicación de correo electrónico e a agrupación de aplicacións en cartafoles son algunhas das melloras do iOS 4

Os usuarios de iPhone 3G e 3GS poden xa descargar a última actualización do firmware dos seus dispositivos, o iOS 4, nova versión do sistema operativo de Apple que incorpora ao móbil prestacións como a multi-tarefa, os cartafoles (para agrupar aplicacións do escritorio do móbil), a aplicación iBooks, a posibilidade de enfocar vídeo premendo sobre a campaña do terminal cando sexa preciso, o soporte de teclados Bluetooth sen fíos e un mellor corrector ortográfico.
Aínda que os usuarios do iPhone 3GS parece lóxico que estean ansiosos por probar a renovación do seu software, distintos donos dun iPhone 3G sosteñen que non estariamos ante unha actualización moi recomendable, posto que o iOS 4 presenta certos problemas de rendemento en terminais vellos á vez que prescinde da súa principal vantaxe, a multitarefa.

PUBLICIDADE