Dispárese o número de móbiles 5G vendidos por Movistar

mércores, 25 de maio do 2022 Redacción

A chegada da cobertura 5G a cada vez máis territorio está a traducirse nunhas mellores vendas dos dispositivos móbiles con tal conectividade, como vén de constatar Movistar, compañía que entre o primeiro trimestre de 2021 e 2022 vendeu un 388% máis de terminais 5G chegando até as 169.000 unidades.
Dende Movistar aseguran que o 80% dos móbiles vendidos no mes de marzo de 2022 contaban con conectividade 5G, confirmando o interese do público por esta tecnoloxía que contaría xa con preto de 2 millóns de clientes de Movistar.
Cómpre lembrar que actualmente a 5G está a gañar non só en cobertura, senón tamén en calidade de servizo, grazas especialmente polo acendido da 5G na banda dos 700 MHz, procedemento que pretende rematar o ano con 1.400 concellos gozando de tal conectividade, chegando aos 2.400 ao longo de 2023.

PUBLICIDADE