Disney+ chegará a España o 31 de marzo
xoves, 7 de novembro do 2019
O
vindeiro dÃa 12 estrearase nos EE.UU. o servizo de vÃdeo baixo demanda Disney+
a un prezo de 6,99 dólares/mes incluÃndo contidos de selos tan importantes como
Disney, Pixar, Marvel, Star Wars ou National Geographic, entre os que haberá
máis de 25 series orixinais e 10 filmes orixinais durante o primeiro ano e,
aÃnda que habÃa rumores que apuntaban que non poderiamos gozar deste servizo en
España até finais de 2020 por certas dificultades legais (froito da existencia
da canle Movistar Disney), finalmente non haberá atrancos e a
compañÃa anunciou hoxe que Disney+ botará a andar en Reino Unido, Irlanda,
Alemaña, Francia, Italia e España (xunto con algún outro paÃs por confirmar) o
31 de marzo. Tamén detallan que nos PaÃses Baixos poderán gozar do servizo
dende o dÃa 12, xa que foi o paÃs elixido por Disney para a realización do
programa piloto do servizo.
Este lanzamento vai contrastar enormemente co de Apple TV+, servizo que comezou
a operar simplemente cos seus contidos orixinais (que case poderÃan verse na
súa totalidade nunha maratón de fin de semana), xa que Disney+ presume dun
catálogo de máis de 7.500 episodios de series de televisión (entre as que
haberá producións novas como The Mandalorian e clásicos como Los
Simpson) e máis de 500 pelÃculas (entre as que destacan os últimos éxitos
da Marvel).
VÃdeo no que anuncian a data de lanzamento de Disney+ en Europa occidental