Dinahosting facilita de balde unha ferramenta para construír páxinas web

martes, 6 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A empresa compostelá de servizos de Internet Dinahosting vén de estrear a beta pública de CreoWebs, unha solución que facilita a creación e construción de páxinas web de balde en poucos minutos, que proponse como unha solución para facilitar a presenza básica na Rede tanto de particulares como de pequenos negocios.
CreoWebs conta cun editor vía web compatible cos navegadores web modernos que permite cambiar cores, fondos, tipografías, estrutura...; ferramentas dinámicas como un xestor de blogs, un creador de formularios de contacto, un xestor para engadir vídeos...; e deseños profesionais distribuídos en máis de 100 categorías para facilitar a creación de páxinas a medida totalmente personalizadas.
O servizo inclúe un enderezo de Internet de balde baixo un subdominio, podendo empregarse cun nome de dominio propio, o que inclúe espazo adicional e servizo de correo electrónico, por só 2 euros/mes.

PUBLICIDADE