Dinahosting agasalla 650 dominios .eu polo seu décimo aniversario

mércores, 2 de febreiro do 2011 Fernando Sarasketa

A empresa Dinahosting, con sede en Santiago de Compostela, está a celebrar estes días un feito que nos tempos que corren ten especial mérito e, ademais, dálle azos ás firmas galegas do sector tecnolóxico-dixital que estean a ver neste intre o vaso medio baleiro, en troques de xa sabemos como. Estamos a falar do seu décimo aniversario, unha circunstancia que Dinahosting quere compartir con todo o mundo agasallando até 650 dominios .eu entre a nosa comunidade internauta.
A iniciativa, que implica que teñamos un dos destes dominios, e de balde, ao longo dun ano, é en palabras dos responsables da firma compostelá “un xeito de agradecer a confianza depositada nela e no seu equipo”. Os dominios en cuestión dispoñibles, que ían polos 250 ao mediodía deste mércores 2 de febreiro, achéganse por usuario/IP. Ou sexa, que só se agasalla un por usuario/IP.
Dinahosting, por outra banda, anima á comunidade en liña a divulgar a nova até entre as amizades e empregando as máis diversas canles, entre as que se inclúen Twitter e Facebook.

PUBLICIDADE