Dimite o director de Factual.es

venres, 29 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

Cando aínda non pasaron nin dous meses dende o lanzamento de Factual.es, un medio dixital español que nacía co obxectivo de combinar contidos de balde con outros de pago mediante unha subscrición de 50 euros ao ano (algo que xa trouxo moita controversia no seu día), esta iniciativa xa comeza a dar os primeiros problemas, e o seu director, o periodista Arcadi Espada, acaba de anunciar a súa dimisión. Segundo palabras do protagonista, as razóns que o levan a tomar esa decisión débense ao “recorte que pretende aplicar a empresa ao presuposto de funcionamento e ás súas discrepancias co modelo e a orientación do xornal”. Pola súa parte, os redactores do periódico tamén publicaron o seu propio comunicado, explicando a súa sorpresa perante o anuncio. Na devandita nota expresan “o seu sinceiro pesar pola decisión tomada polo director da publicación así como polas posibles discrepancias entre a empresa editora e Espada”. O xornal dixital Alt1040.com apuntan que os directivos “planean seguir adiante” porén haberá que “agardar e saber cara onde se dirixe agora Factual”.

PUBLICIDADE