Digital+ incorporará en decembro a canle MTVN HD

martes, 17 de novembro do 2009

Digital+ continua a reforzar a súa oferta de contidos en alta definición, e para o mes de decembro, xunto con Canal+ Acción HD, Eurosport HD, National Geographic HD e FOX HD tamén incluirá MTVN HD, unha canle que mesturará contidos de MTV (música) e Nick (programación infantil, con series de éxito coma Bob Esponja).
Para gozar destas novas canles, aparte de ser cliente de Digital+, tamén é preciso contar co receptor iPlus.

PUBLICIDADE