Digi prepárase para ofrecer fibra a 50 Gbps

venres, 27 de outubro do 2023 Marcus Fernández

O operador Digi sorprendeu no seu día achegando aos fogares nos que ten rede de fibra de seu a posibilidade de contratar conexións de 10 Gbps simétricos por 25 euros/mes, levando a banda larga de nova xeración a moitos consumidores que verían esta tecnoloxía como algo imposible.
Digi Communications quere levar estea avances aínda máis adiante, e anuncia que xa está a probar a ofrecer un servizo de fibra a 50 Gbps cunha latencia inferior a 1 milisegundo, abrindo a porta a posibilidades que hoxe parecen imposibles, e para as que aínda hai moi pouco hardware compatible, xa que as velocidades superiores aos 10 Gbps habitualmente só se manexan en contornos profesionais, e non no mercado residencial.
Aseguran que a fibra a 50 Gbps estará dispoñible do mesmo xeito que actualmente está a de 10 Gbps, aínda que é difícil que haxa moitos usuarios agardando por unha tecnoloxía da que actualmente é case imposible tirar un proveito real, xa que supera por moito a demanda que poden ter fogares e pequenas empresas. Para pór en perspectiva esta capacidade podemos lembrar que un evento como a pasada edición do XGN R Encounter atendía a 800 inscritos cunha conexión de 20 Gbps.

PUBLICIDADE