Digi mellora as súas tarifas

luns, 16 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

O operador Digi está a revolucionar o mercado doméstico de fibra óptica coa tarifa máis agresiva do mercado que consiste nunha conexión de Fibra SMART a 500 Mbps por 15 euros/mes dispoñible en zonas nas que Digi conta con rede de seu como a cidade da Coruña, onde tamén é posible contratar conexións de 1 Gbps e 10 Gbps por 20 e 25 euros/mes respectivamente.
No caso de querer combinar esta nova modalidade de Fibra SMART con móbil Digi tamén permite contratar fibra de 500 Mbps e móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos acumulables por 20 euros/mes, mentres que a conexión con 1 Gbps de fibre e móbil con 50 GB de datos queda en 28 euros/mes e por 35 euros/mes podemos contratar 10 GBps de fibra e móbil con 100 GB de datos acumulables.
Todas estas tarifas permiten incorporar liña de teléfono fixo por 1 euro/mes sen chamadas ou por 3 euros/mes con chamadas ilimitadas.

Melloras en telefonía móbil

A telefonía móbil de Digi tamén mellora as súas tarifas, de xeito que as tarifas Digi Ilimitado, con chamadas ilimitadas e 50 e 100 GB de datos baixan o seu prezo a 8 e 10 euros/mes respectivamente, mentres que a tarifa Digi Combo, con 50 GB de datos e 800 minutos de chamadas nacionais e internacionais pasa a 8 euros/mes, e con 100 GB de datos e 2.000 minutos en chamadas nacionais e internacionais pasa a 10 euros/mes.

PUBLICIDADE