Digi abre na Coruña a súa primeira tenda en Galicia

xoves, 21 de decembro do 2023 S. P.

Digi, a operadora de telecomunicacións da multinacional Digi Communications, abriu na Coruña a súa primeira tenda en Galicia, co obxectivo de “estar máis preto de os seus clientes”. Situada no número 74 da rúa Juan Flórez o establecemento concibiuse como “un un espazo onde os clientes poderán contratar os servizos de fibra e móbil que ofrece Digi, como Fibra Smart de 500 Mbps por 15 €, ou Pro-Digi, con ata 10 Gbps de velocidade, por 25€”. Os clientes tamén poderán recibir asesoramento sobre cal solución lles acae mellor e resolver calquera dúbida ou consulta que teñan acerca dos seus servizos.
Digi suma esta tenda ás que inaugurou este mesmo ano nas cidades de Valencia, Bilbao, Barcelona e Málaga, así como ao resto das súas canles presenciais de atención, como os máis de 4.000 puntos de venda ou as casetas Digi da maioría dos principais centros comerciais.
O novo establecemento na Coruña conta cun espazo diáfano para favorecer “un trato máis personalizado”, explicaron fontes da operadora, que engadiu que o local estará aberto dende este 21 de decembro en horario de 10h a 21h de luns a venres, e de 10h a 14h os sábados.
En opinión do responsábel comercial da empresa, Ángel Álvarez, “abrimos esta tenda co obxectivo de estar máis preto de os nosos clientes na Coruña, onde estamos moi presentes grazas á nosa despregadura de rede de fibra e onde contamos, ademais, cunha delegación propia con máis de 375 empregados”.
A empresa acompañou a súa presenza física na Coruña da contratación de 3 profesionais.
Ademais desta delegación propia, Digi dispón de máis de 130 puntos de venda en toda a provincia. Así mesmo, no último ano, o número de clientes de fibra na Coruña aumentou un 219%.
A isto hai que engadir que, desde 2022, a empresa é patrocinadora oficial do RC Deportivo.

PUBLICIDADE