Difunden a clave mestra do HDCP

luns, 20 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Os sistemas de protección dixitais levan anos caendo un a un, de aí que non sorprendese moito que a chave mestra para HDCP (tecnoloxía que prevé a copia de contidos dixitais en alta definición a través de cables HDMI e DVI e discos en Blu-ray) aparecese na web e fose confirmada a súa veracidade pola propia Intel, o que permitiría a fabricación de dispositivos capaces de vulnerar a protección DRM das transmisións a través de HDMI, o que aínda non se coñece o que significará no mundo real, pero parece que podería servir para o desenvolvemento de gravadores dixitais de fontes HDMI sen perda de calidade, de xeito que non se vulneraría só a protección das películas en Blu-ray (que xa leva moito tempo superada) senón que tamén podería servir para copiar contidos de receptores de televisión de pagamento en alta definición.

PUBLICIDADE