Diablo III podería ter versión para consolas

luns, 7 de xullo do 2008

Rob Pardo, vicepresidente de deseño de xogos de Blizzard, comentou a Eurogamer que unha versión de Diablo III para consolas de videoxogos é «teoricamente posible».
Actualmente o xogo está a desenvolverse para PC e Mac, e non existen plans de levalo ás consolas de nova xeración, pero admiten que sería o título da compañía que se podería trasladar ás consolas de xeito máis doado, pois encaixa mellor no seu catálogo que outros xogos da compañía coma StarCraft, Warcraft ou World of Warcraft, que precisarían dun redeseño para portarse a outras plataformas.

PUBLICIDADE