Deteñen ó responsable de Putalocura.com por gravar unha película pornográfica cunha menor

martes, 17 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Nacho Allende, máis coñecido coma Torbe, é o responsable da web Putalocura.com e nos pasados días xa tivo un encontro coa xustiza por mor de chamar feas ás mulleres de Torrelavega, pero agora podería ter problemas máis serios, xa que o detiveron baixo a acusación de empregar menores para os vídeos pornográficos que produce.
Torbe
, de 37 anos, está imputado, xunto con Abraham A.C., paracaidista de 22 anos que actúa nas películas de Allende, dun presunto delito de corrupción e prostitución de menores.
A detención de Torbe produciuse no aeroporto de Barajas cando regresaba a Madrid do Festival de Cine Erótico de Barcelona, e xa quedou en liberdade con cargos, declarándose inocente e asegurando que sempre pedía o carné de identidade antes das rodaxes, aínda que na ocasión denunciada se lle pasara.
Esta causa nace da denuncia dos pais dunha rapaza de 16 anos, alumna do instituto de La Latina, que fora captada nunha discoteca por Abraham A.C. para participar nun casting baixo a promesa de 300 euros por cada escena pornográfica gravada. A moza comentoullo a unha compañeira (que se negou a participar) pero que posteriormente accedeu ás imaxes pornográficas da súa amiga e as pendurou do taboleiro de anuncios do seu instituto, difundíndoas tamén pola Internet, o que chegou ó coñecemento dos pais, que acudiron á Policía, que deixou o caso en mans do grupo VIII da Brigada da Policía Xudicial.
Nun rexistro efectuado no lugar da rodaxe da película pornográfica na que participou a menor os axentes recuperaron a cinta orixinal da filmación da selección de actores na que participaba a menor, e hai sospeitas de que puidera haber máis menores implicadas noutras filmacións.

PUBLICIDADE