Deteñen en Barcelona a un segundo programador ruso a petición de EE.UU.

luns, 10 de abril do 2017 Marcus Fernández

Medios internacionais están a dar conta da detención do especialista informático Piotr Levashov, de 36 anos e residente en San Petersburgo, prendido a petición dos EE.UU. mentres pasaba a súas vacacións acompañado pola súa familia en Barcelona, na mesma liña do que aconteceu en xaneiro con outro programador ruso, Stanislav Lísov.
Ao parecer, sospéitase que Levashov sería sospeitoso de ataques informáticos relacionados coas eleccións estadounidenses, detallando a súa esposa que a detención realizouse de noite no apartamento que alugaban, e do que confiscaron todos os dispositivos electrónicos.
A investigación do FBI que levou ás ordes de detención internacionais sostén que Rusia organizou o pirateo de ordenadores do Partido Demócrata para prexudicar á candidatura de Hillary Clinton e facilitar a vitoria de Trump nas pasadas eleccións presidenciais.
Lísov está actualmente detido en Valdemoro (Madrid) en espera á presentación de cargos formais, recibíndose xa unha solicitude de extradición a EE.UU., onde poderían enfrontarse a unha pena de até 30 anos de cadea, mentres que contra Levashov aínda non se coñecen detalles que vaian máis aló da notificación á Embaixada rusa da detención.

PUBLICIDADE