Deteñen ao administrador de Rojadirecta
xoves, 27 de outubro do 2016
As páxinas de La Voz de Galicia sorpréndennos dando conta de
que por orde do Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña detiveron
a Igor Seoane, administrador da coñecida páxina web Rojadirecta,
precisamente no xulgado do Mercantil onde estaba a celebrarse unha das causas
na súa contra. Ao parecer a detención realizouse no marco dunha investigación
iniciada en 2015 e declarada secreta, polo que non coñecemos os detalles que
levaron a tal proceder.
Seoane permanecerá en dependencias xudiciais e non pasará a disposición do
tribunal até mañá. O arresto terÃase realizado no corredor do xulgado durante
un receso do xuÃzo orixinado por unha demanda de DTS (antes Canal+) contra
Puerto 80 (sociedade detrás de Rojadirecta) por un suposto delito contra a
propiedade intelectual.
ACTUALIZACIÓN (28/10-2016): Dende La Voz de Galicia informan de que Igor Seoane púxose
onte mesmo el liberdade tras tomarlle declaración ante o Xulgado de Instrución
nº 1 da Coruña, sen transcender o motivo da detención, que non serÃa polo
que está a ser xulgado, senón que partirÃa dunha investigación iniciada o ano
pasado e declarada secreta.