Deteñen a un menor por difundir unha tradución ó francés o último libro de Harry Potter

xoves, 9 de agosto do 2007

Detiveron a un mozo de 16 anos da rexión francesa de Marsella por difundir presuntamente pola Rede unha tradución pirata ó francés do último libro de Harry Potter, que non sairá á venda traducido ata o vindeiro 27 de outubro.
A detención atende a unha denuncia presentada pola editorial Gallimard, e tamén pecharon a web dende a que se podía acceder ó texto traducido, continuando as investigacións sobre o asunto, que podería rematar con sancións ós acusados por esta violación dos dereitos de reprodución da obra de J.K. Rowling.

PUBLICIDADE