Deteñen a Torbe acusado de gravar e comercializar un vídeo sexual no que aparece unha menor

martes, 26 de abril do 2016 Marcus Fernández

Fotografía de Torbe publicada na súa conta de Instagram

A relación de Ignacio Allende, máis coñecido como Torbe, coa Xustiza foi problemática nos últimos anos, acusado primeiro por inxurias por un artigo de 2004 no que chamaba feas ás mulleres de Torrelavega; logo detivérono acusado de incluír nunha das súas producións pornográficas a unha menor de idade; e incluso condenárono a un ano de cadea por unha estaba nun concurso televisivo (no que se participaba mediante números de teléfono de tarificación adicional). Pero agora a Policía prendeu á polémica celebridade da Internet baixo a acusación de abusos a unha menor e a distribución de pornografía infantil.
A detención de Torbe estaría no marco dunha operación contra a explotación sexual cuns dez detidos (entre os que figuran 3 socios de Allende) sendo o presunto cerebro da trama un cidadán ucraíno. Os detidos pasarán a disposición xudicial o vindeiro xoves.
ACTUALIZACIÓN (28-4-2016): Finalmente o maxistrado titular do Xulgado de Instrución nº 36 de Madrid acordou o envío a prisión provisoria comunicada e sen fianza a Torbe, xunto a un home e unha muller, acusados de compor unha trama delituosa. As acusacións son de delitos de pornografía, pornografía infantil, trata de seres humanos, branqueo de capitais e delitos contra a Facenda Pública.

PUBLICIDADE