Detalles sobre a sucesora da Nintendo DS
luns 15 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |

- Imaxe conceptual (de Phil Nolan) da futura Nintendo DS
Durante o
transcurso da Game Developers Conference moitos foron os comentarios que
intercambiaron os profesionais alí presentes, e a xente de RPad.tv decidiu
recompilar os detalles
que mencionaban distintos desenvolvedores sobre a posible consola de videoxogos
portátil que sucederá as actuais Nintendo DS, e que segundo os
rumores tamén contaría con 2 pantallas, aínda que de maior tamaño e resolución
(con moi pouca distancia entre si, de xeito que operarían coma unha única pantalla
máis grande), un acelerómetro e o chip nVIDIA Tegra.
O dispositivo podería anunciarse na vindeira edición do E3 para ver a luz
finalmente de cara ao Nadal, e sobre a súa potencia, o feito de que o seu SDK
sexa semellante ao de Gamecube podería deixar constancia da súa mellora
técnica.
De todos os xeitos, unha nova consola portátil de Nintendo non indicaría que o
ciclo de vida da DS estea chegando á súa fin, posto que na actualidade ten unha
inmensa base de consolas en uso, que fará que tarde moito en perder o seu posto
coma consola portátil líder.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















