Despacito xa é a canción máis reproducida na historia de YouTube
venres, 4 de agosto do 2017
Hai menos dun mes comentamos que o
vÃdeo musical de See You Again de Wiz
Khalifa superara en volume de reproducións ao Gangnam Style en YouTube, arrebatándolle a coroa que mantiña
dende 2012, pero indicando que esta vitoria serÃa pÃrrica, xa que habÃa un tema
que ameazaba con colocarse en cabeza antes de rematar o verán, o Despacito de Luis Fonsi con Daddy Yankee, que
pisou o acelerador e con 2.999 millóns de reproducións xa supera nuns 5 millóns
de reproducións ao vÃdeo de Wiz Khalifa, de xeito que nunha marxe de tempo moi
reducida non só vai ser o vÃdeo máis reproducido na historia de YouTube, senón
que tamén será o primeiro vÃdeo en superar os 3.000 millóns de reproducións.
Ao Gangnan Style levoulle preto de 2
anos superar a barreira dos 2.000 millóns de reproducións en YouTube, algo que See You Again fixo en 515 dÃas e Despacito en 154 dÃas, pero agora
teremos que deixar de empregar esa marca para medir os superéxitos do vÃdeo en
liña, porque a nova marca a superar está nos 3.000 millóns, deixando claro que
cada vez hai máis usuarios conectados e con mellores accesos, o que supón un
maior consumo de contidos multimedia a nivel global.
Volvendo a Despacito tamén podemos
lembrar que o tema de Luis Fonsi tamén lidera os boa parte das listaxes
musicais de todo o mundo e tras superar
os 4.600 millóns de reproducións en plataformas de música en streaming tamén bateu unha marca histórica. Temos asà que o Despacito pode compararse moi directamente co Gangnam Style, pois ao igual que o tema de PSY deu unha grande proxección
ao K-pop, a canción de Fonsi está a ter un efecto semellante na música latina.
O vÃdeo musical de Despacito será o primeiro en superar os 3.000 millóns de reproducións