Desenvolven unha tecnoloxía que permitirá conducir aos cegos

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A Federación Nacional de Cegos (NFB) dos EE.UU. e Virginia Tech anunciaron un proxecto de colaboración no que están a desenvolver un vehículo urbano que permitirá que os invidentes poidan conducir de xeito autónomo e que poderá verse publicamente nas actividades previas ao campionato Rolex 24 de Daytona o ano que vén.
O vehículo será un Ford Escape equipado cunha interface non visual que permitirá que un cego sexa capaz de conducir parte do circuíto de Daytona o vindeiro 29 de xaneiro, algo que ata o momento parecía imposible para unha persoa sen o sentido da vista.
Dende Virginia Tech levan 3 anos traballando neste proxecto, e consiste na creación da interface non visual que permite a condución por parte dun invidente, e estes días deron a coñecer o prototipo de primeira xeración desta tecnoloxía, consistente nun buggy modificado, que serviu para ilustrar as posibilidades desta innovación tecnolóxica.

PUBLICIDADE