Desenvolven unha capa con información meteorolóxica de Galicia para Google Earth

mércores, 27 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Gumersindo Veloso nunha imaxe publicada por La Voz de Galicia

O enxeñeiro Gumersindo Veloso Cauce presentou no campus de Ourense un proxecto que permite agregar información meteorolóxica sobre o mapa de Galicia en Google Earth, de xeito que pódense ver os símbolos meteorolóxicos das zonas do noso interese dun xeito moi gráfico e intuitivo, podendo incluso elixir entre distintos estilos visuais.
Para desenvolver esta capa gráfica para Google Earth, Veloso fai uso de información dunha canle RSS con información meteorolóxica publicada por Yahoo!, aínda que admite que a súa idea «era utilizar un servizo galego como MeteoGalicia». Tamén prevé ampliar este sistema para amosar información máis detallada como a presión atmosférica, os índices de polen ou a concentración de ozono.

PUBLICIDADE