Desenredado los blogs, o novo e-book de balde de Manolo RodrÃguez
luns, 7 de setembro do 2015
O xornalista de La Opinión e autor do blog Desenredandolared (situado entre
as 60 páxinas web galegas máis populares segundo o noso Top 100) continúa a súa teima
de compartir os seus coñecementos en liña, e vén de publicar o seu terceiro
libro electrónico de balde no seu espazo en liña: Desenredando
los blogs.
RodrÃguez xa publicara a novela de ficción La
princesa de los apóstoles, que superou as 5.600 descargas; o ano pasado recompilara
as mellores entradas do seu blog nun e-book
que leva unhas 1.100 descargas; e agora atrévese cun volume en PDF de 177
páxinas que recolle trucos para escribir unha entrada dun blog, pautas para
promocionar os artigos, consellos a ter en conta á hora de buscar ter un bo
blog, recompilacións de ferramentas de balde que poden resultar de utilidade
para publicar na web e incluso algunha reflexión persoal que poderá resultar de
utilidade para todo o que queira animarse a entrar no mundo do blogging, que aÃnda que nos últimos anos
perdeu moito peso fronte ás redes sociais, segue a ter moita importancia,
principalmente polo seu carácter público.
Para poder descargar de balde esta nova publicación de Manolo RodrÃguez só é
preciso subscribirse ao boletÃn por correo electrónico do seu blog, recibindo
acto seguido as ligazóns para descargar os seus e-books totalmente de balde.
- Manolo RodrÃguez nun relatorio sobre a creación de blogs no espazo de coworking WeKCo