DescargasMIX queda temporalmente fóra de servizo por mor dunha reclamación do Ministerio de Cultura

mércores, 12 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A historia da Sección Segunda da Comisión de Propiedade Intelectual, tamén coñecida como Comisión Sinde, está a incorporar un novo capítulo co xeito de actuar contra a páxina web de ligazóns a contidos protexidos DescargasMIX, á que levaron ao peche temporal por actuar contra a empresa na que estaba hospedada tal páxina web, que veuse impotente ante a recepción dunha alerta por parte do Ministerio de Cultura, o que levou ao responsable do espazo web a buscar outro provedor de servizo.
Curiosamente o administrador de DescargasMIX non recibira ningún tipo de notificación antes de que a súa empresa de hospedaxe lle comunicase que non seguiría albergando a súa páxina web, polo que non se coñece aínda como rematará esta operación para protexer a propiedade intelectual, pero, polo momento, o que xa se sabe é que está previsto que ás 14:00 horas de mañá mesmo DescargasMIX volva a estar en liña.

PUBLICIDADE