Desbotan o proxecto do tablet económico para estudantes na India

venres, 21 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

No verán o ministro Kapil Sibal anunciou que na India estaban a preparar un tablet orientado a estudantes que tería un prezo de 1.500 rupias (24,14 euros), o que nun principio xa parecía máis propaganda que un obxectivo realista, como cando presentouse o famoso portátil de 100 dólares promovido por Negroponte (considerado un estrepitoso fracaso), parece confirmarse, pois o xornal The Economic Times asegura que o proxecto está cancelado.
Segundo parece, a compañía encargada da comercialización do polémico tablet que debería ter saído á venda o pasado día 15 non sería capaz de atender á demanda do produto e tería imposto unhas condicións adicionais inaceptables.
Dende HCL Infosystems aseguran non ter novas do Goberno, que ao pare tería cambiado a súa estratexia para apostar por ordenadores portátiles en vez de tablets, aínda que dificilmente poderán chegar ás 1.500 rupias por equipo, xa que só en compoñentes xa custarían 5.700 rupias, polo que o desencontro entre as intencións do Goberno da India e a realidade do mercado parece inevitable.

PUBLICIDADE