Dereito da UDC acolle este venres unhas xornadas sobre Intelixencia Artificial e igualdade

luns, 10 de outubro do 2022 S. P.

O vindeiro venres, 14 de outubro, o salón de graos da Facultade de Dereito acollerá as Xornadas Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para Igualdade. Esta actividade abéirase ao programa Dereito de Marcas e Intelixencia Artificial (MARIA) financiado pola Axencia Estatal de Investigación, cuxo obxectivo é “fomentar a reflexión crítica respecto da Intelixencia Artificial, os nesgos que atravesan os algoritmos máis tamén o seu potencial transformador”.

Programa

Interior da Facultade de Dereito da UDC

09:30h. Inauguración oficial das xornadas.
10:00h. Intelixencia Artificial e a súa capacidade transformadora do mundo. Amparo Alonso Betanzos. Catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña. Investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) e presidenta da Asociación Española para la Intelixencia Artificial (AEPIA) entre 2013 e 2021.
11:00h. O Impacto de xénero na lntelixencia Artificial. Lorena Fernández Álvarez. Enxeñeira informática. Directora de comunicación dixital da Universidad de Deusto. Coautora do xogo de mesa Nobel Run para visibilizar as mulleres científicas. Integrante do equipo Inspira STEAM.
12:00h. Café ético.
12:30h. Algoritmos éticos. Nerea Luis Mingueza. Doutora en Ciencias da Computación, co-fundadora de T3chFest e enxeñeira IA en SNGULAR, unha das empresas tecnolóxicas de maior proxección.
13:30h. Algoritmos e políticas públicas. Gemma Galdón. Doutora en políticas públicas. CEO e Fundadora de Éticas Research and Consulting, empresa dedicada á auditoría de algoritmos (detección de nesgos discriminatorios).
14:30h. Pausa comida
16:00h. Marcas e Intelixencia Artificial. Proxecto e relatorios.
Dereito de marcas e IA. Rafael García Pérez. Profesor titular de Dereito Civil e integrante do Grupo de Investigación Empresa, Consumo e Dereito da Universidade da Coruña.
O nesgo na concesión de créditos. Noelia Collado Rodríguez. Profesora axudante doutora de Dereito Civil e integrante do Grupo de Investigación Empresa, Consumo e Dereito da Universidade da Coruña.
O nesgo na Intelixencia Artificial: Está nos datos ou nos algoritmos? Verónica Bolón Canedo. Profesora titular e integrante do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña. Coordinadora do nodo Inspira STEAM en A Coruña.
17:00h. Servizos proactivos e automatización intelixente no sector público. Marianne Blanco. Enxeñeira informática pola Universidade da Coruña e xerente responsable de Goberno Dixital de Galicia e Asturias de NTT Data.
18:00h. Café ético.
18:30h. O dereito mercantil desde unha perspectiva de xénero. María José Senent Vidal. Profesora titular de Dereito Mercantil na Universitat Jaume I.
19:30h. Dereito, IA e empresas de base tecnolóxica. Retos e oportunidades. Bárbara Román. Avogada e fundadora de Nolegaltech, empresa de base tecnolóxica con sede en Santiago de Compostela.
20:30h. Conclusións e peche das xornadas.
As xornadas contan coa colaboración da Universidade da Coruña, o Campus Innova, o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, Cátedra NTT Data en diversidade e tecnoloxía; Centro de Estudos de Xénero e Feministas-CEXEF e Xunta de Galicia.
As inscricións pódense facer en liña até completar o aforo.

PUBLICIDADE