Denuncian que Blogger permite blogs racistas e neonazis

venres, 27 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Dende Australia denuncian que Google se nega a eliminar do seu servizo de bitácoras Blogger unha serie de blogs con contidos racistas, no que a xuízo de Brian Stokes, cofundador de Fight dem back! (grupo de loita contra o racismo e o fascismo en Australia e Nova Zelandia), o servizo de Google “amósase completamente insensible fronte ás queixas sobre contidos racistas e neonazis mentres que outros espazos web gratuítos si responden a estas peticións.
Entre os blogs non retirados por Blogger estarían Patriot Alliance Downunder e Red Watch NZ (o responsable deste blog tamén mantén outro no que nega o Holocausto na II Guerra Mundial), aínda que a compañía do popular buscador asegura que non controla os contidos no seu servizo, polo que só pecharía tales blogs por orde xudicial.
Así, Blogger desvencéllase dos contidos, e non contan con normas sobre os mesmos agás que se axusten ás lexislacións vixentes.

PUBLICIDADE