Dende a USC traballan nun sistema que permita que uns robots aprendan de outros

mércores, 23 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Prototipo de robot que fai de guía da Casa do Home

Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela traballa no desenvolvemento dun proxecto centrado na migración de comportamentos entre robots, que permita a reprodución de condutas entre robots, para o que desenvolveron un prototipo que se está a probar no Domus coruñés e que opera a xeito de guía de museo.
O proxecto está coordinado por José Luis Correa Pombo, que asegurou que «un controlador que realice unha tarefa para un robot específico non é facilmente portable a un modelo diferente de robot», e para facilitar o proceso o grupo de investigadores do Departamento de Electrónica e Computación da USC pretende reducir a intervención humana á hora de ensinar as súas novas tarefas a un robot.
O sistema ideado compre cos 3 requisitos necesarios para lograr que funcione a ensinanza de robot a robot: transmisión de coñecementos e comportamentos da plataforma antigua, proceso rápido e autónomo, e representación dinámica do contorno que permita readaptar o controlador do mesmo ó novo sistema sensorial do segundo robot.

PUBLICIDADE