Degalicia.es permite facer un percorrido virtual por unha exposición do colectivo Bacabú

mércores, 16 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A web permite consultar con detalle cada obra da exposición virtual

A páxina web degalicia.es, especializado en fotografías panorámicas en 360 graos, estreou unha versión interactiva dunha exposición do colectivo artístico Bacabú que se pode ver fisicamente no Museo Provincial de Lugo, e que permite unha visión inmersiva da mostra artística.
No percorrido virtual pódense visitar as distintas 3 salas do Museo nas que se distribúe a exposición podendo o usuario moverse e picar sobre os distintos elementos da exposición para visualizar unha imaxe detallada das obras con información adicional (título, autor, técnica e dimensións).

PUBLICIDADE