Declaración institucional da Xunta de Galicia co gallo do DÃa Internacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
xoves, 17 de maio do 2012
A adopción
xeneralizada da Internet na sociedade xerou cambios de tal magnitude que hoxe
experimentamos o mundo como unha comunidade global, onde as persoas se
relacionan de xeito instantáneo e calquera información se difunde velozmente e
pode provocar cambios e reaccións en calquera lugar do mundo.
AsÃ, estase
a configurar unha sociedade demandante de novas solucións e servizos que poidan
dar resposta ás necesidades que trae consigo esta revolución dixital. Unha
sociedade cada vez mais dixital que, sen embargo, ten o reto de que ninguén
quede excluÃdo. Estar do lado positivo da chamada fenda dixital supón ter mais
oportunidades de acceso ao coñecemento, aos mercados, á formación, ao emprego.
E ese é un
dos retos fundamentais das Administracións e un dos obxectivos da Axenda
Dixital 2014.gal, integrar as TIC en todos os ámbitos da sociedade e facilitar
o seu acceso igualitario a todos os galegos. Coa súa posta en marcha en xuño de
2010, Galicia iniciou o camiño do progreso tecnolóxico. Un camiño que permitirá
a Galicia facer fronte aos retos da nova sociedade do coñecemento e integrarse
definitivamente no novo contexto dixital europeo no horizonte de 2014.
Estamos
avanzando pero neste camiño aÃnda nos quedan moitos pasos por dar. Neste
sentido, debemos seguir traballando e esforzándonos por configurar unha
administración máis moderna e eficiente, que poida dar resposta ás esixencias
tecnolóxicas da nosa cidadanÃa, asà como ser capaz de paliar os innegables
efectos da crise que está a acontecer.
En Galicia
estamos a por os medios para ocupar o lugar que nos corresponde na sociedade de
información, en primeiro lugar, achegando as infraestruturas de
telecomunicación a toda Galicia co obxectivo de ter, por primeira vez, unha Comunidade
totalmente conectada en 2014. E estamos cumprindo obxectivos, dotando xa de
posibilidade de conexión á rede ao 60% da poboación que hai dous anos carecÃa
deste servizo e estendo ás redes máis punteiras ás que xa teñen acceso preto
dun millón de galegos.
O
despregamento de infraestruturas modernas e sustentables a través do Plan de
Banda Larga é só unha parte desta Axenda Dixital pero é a base sobre a que se
desenvolven todas as actuacións dirixidas ao ámbito das telecomunicacións, á
modernización administrativa, á dinamización da sociedade da información e ao
impulso do sector empresarial das novas tecnoloxÃas.
O obxectivo
de esta estratexia tecnolóxica global é contribuÃr ao desenvolvemento económico
e social de Galicia, é ambicioso pero irrenunciable, imposto pola propia e
vertixinosa evolución das TIC.
A
coincidencia coa celebración do DÃa das Letras Galegas é tamén un bo motivo
para lembrar os instrumentos que proporcionan as novas tecnoloxÃas para
impulsar o coñecemento da cultura galega no mundo. Neste sentido, a Xunta está
a contribuÃr á difusión da nosa identidade na Rede, colaborando en iniciativas
como a candidatura do dominio .gal na Internet.
Sen dúbida,
a Rede constitúe unha excelente plataforma para impulsar o coñecemento de
Galicia no mundo e tamén unha fiestra á que todos os galegos debemos ter a
posibilidade de asomarnos.
